No DOG do 22/03/2024 publican o ACORDO do 11 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 22 de xuño de 2022, polo que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican, como anexo a este acordo, a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade co disposto na base IV.2 da resolución da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentaren a documentación prevista na dita base.