No DOG do 11/04/2024 publican a RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2024 pola que se convocan actividades de formación dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente as vítimas de todas as formas de violencia de xénero dos centros de Información á Muller de Galiza (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), dos centros de acollida integrantes da Rede Galega de Acollemento, das oficinas de Asistencia ás Vítimas do Delito de Galiza; así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza que presta servizos na Secretaría Xeral da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade das xefaturas territoriais das delegacións da Xunta de Galiza.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 17 de abril de 2024.

Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas nos cursos solicitados por orde de inscrición entre as persoas solicitantes que cumpran os requisitos como destinatarias de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución e ata esgotar o total de prazas; terá prioridade o persoal pertencente aos centros de Información á Muller de Galicia (CIM).