No DOG do 11/04/2024 a AXENCIA DE TURISMO DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024 do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante concurso-oposición, pola que se aproba e se fai pública a baremación definitiva de méritos da fase de concurso.

A baremación definitiva de méritos, completa e parcial de acordo co establecido na epígrafe III.1.1 das bases da convocatoria (experiencia profesional, formación e lingua galega), recollida no anexo, poderase consultar no taboleiro de anuncios do portal web corporativo https://www.turismo.gal/espazo-institucional