No DOG do 15/04/2024 a AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA publica o ANUNCIO do 9 de abril de 2024 polo que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante a contratación baixo a modalidade contractual predoutoral, regulada no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, no marco das axudas a proxectos de xeración de coñecemento do Plan estatal de investigación científica, técnica e de innovación 2021-2023, no marco do desenvolvemento do proxecto coordinado PID2022- 139874-C22 Evolución e comportamento de praguicidas e dos seus produtos de transformación en presenza de emendas orgánicas no cultivo de millo forraxeiro en Galiza, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.

O prazo de presentación das solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galiza (DOG).

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria:

https://agacal.xunta.gal/gl/institucional/persoal