No DOG do 17/04/2024 publican a RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 29 de abril de 2024, ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, núm. 2-4 (As Fontiñas).