No DOG do 18/04/2024 publican a RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024 pola que se convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais para o persoal dos seguintes centros de traballo de Ourense: Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense, na avenida de Zamora, 13; Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galiza en Ourense (Issga), Servizo de Montes, Servizo de Prevención de Incendios Forestais, Distrito Forestal XII, situados no centro de traballo na rúa Villaamil y Castro, s/n, e Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), na rúa do Progreso, 117.

A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.