No DOG do 18/04/2024 o INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA publica o ANUNCIO do 11 de abril de 2024, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 4 de abril de 2024 polo que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo, convocado polo Anuncio do 20 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 248, do 30 de decembro).