No DOG do 22/04/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2024 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o rexistro electrónico na Xunta de Galiza.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 8 de maio de 2024.