No DOG do 22/04/2024 o PARLAMENTO DE GALIZA publica o ACORDO do 9 de abril de 2024 polo que se anuncia a convocatoria para a realización de probas selectivas para ingresar, por oposición libre, en catro prazas do corpo administrativo, das cales unha está reservada á quenda de persoas con discapacidade, e polo que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección.

O prazo de presentación será de vinte días hábiles (20), que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza.