No DOG do 18/10/2024 publican as baremacións provisionais de varios concursos de estabilización:

Baremación provisional do corpo de xestión do subgrupo A2 seguinte:

  • Escala de xestión de sistemas de informática (inclúe prazas da categoría 27 do grupo II de persoal laboral)

 

Baremación provisional do corpo administrativo do subgrupo C1 seguinte:

  • Escala técnica auxiliar de informática

 

Baremación provisional das seguintes categorías do grupo II:

  • Analista programador (persoal Cixtec)
  • Analista xestor de contidos web (persoal Cixtec)

 

Baremación provisional da seguinte categoría do grupo III:

  • Operador/a de ordenador/Programador/a (Persoal Cixtec)

 

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais perante o tribunal no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

As reclamacións presentaranse a través de Fides na epígrafe de «inscrición en procesos selectivos»