No DOG do 24/10/2024 publican diversas relacións de aspirantes que superaron os procesos selectivos dos concursos de estabilización da Lei 20/2021:

 

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A1 en que se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

Corpo superior

  • Escala de sistemas e tecnoloxías da información
  • Escala superior de finanzas
  • Escala superior de estatísticos

Corpo facultativo superior

  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica
  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de minas
  • Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía
  • Escala de ciencias. Especialidade de física
  • Escala de arqueólogos
  • Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos
  • Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas
  • Escala de inspección urbanística. Especialidade xurídica
  • Escala de facultativos. Especialidade de medicina

 

Categorías de persoal laboral do grupo II das cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

  • Cat. 3. Estimulador/a. Psicomotricista
  • Cat. 4. Mestre/a instrutor/a. Instrutor/a. Mestre/a taller da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Monitor/a de actividades docentes. Monitor/a (titulado/a medio/a)
  • Cat. 5. Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas
  • Cat. 6. Educador/a. Profesor/a especial
  • Cat. 9. Axudante/a de desenvolvemento rural
  • Cat. 35. Pianista
  • Cat. 39. Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais

 

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A2 das cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

Corpo de xestión

  • Escala de inspectores de consumo
  • Corpo facultativo de grao medio:
  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade enxeñaría técnica obras públicas
  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade enxeñaría técnica de minas
  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade enxeñaría técnica en topografía
  • Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade arquivos
  • Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade bibliotecas
  • Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade museos
  • Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade servizos ao buque
  • Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade máquinas e produción
  • Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade traballos técnicos de mergullo
  • Escala de axentes de extensión pesqueira
  • Escala de subinspección urbanística
  • Escala técnica de restauración. Especialidade bens artísticos e arqueolóxicos

 

Categorías de persoal laboral do grupo III das cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

  • Cat. 3. Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a
  • Cat. 12. Mestre/a de taller
  • Cat. 15. Experto/a en exposicións
  • Cat. 34. Especialista de oficios (debuxante)
  • Cat. 36. Experto/a audiovisuais
  • Cat. 37. Técnico/a de son
  • Cat. 43. Encargado/a estrutura escénica. Encargado/a de taller de escenografía. Técnico/a de máquinas do IGAEM
  • Cat. 54. Técnico/a especialista en radioloxía (TER)
  • Cat. 54B. Hixienista dental
  • Cat. 66. Axudante taller. Adxunto/a taller
  • Cat. 71. Oficial/a de primeira xardineiro/a
  • Cat. 94. Técnico/a auxiliar en imaxe e son
  • Cat. 98. Auxiliar de luces
  • Cat. 101. Proxeccionista
  • Cat. 103. Entrevistador/a. Enquisador/a

 

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do grupo B e subgrupo C1 das cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

Corpo administrativo

  • Escala de axentes de inspección. Especialidade consumo
  • Escala de axentes de inspección. Especialidade mobilidade
  • Escala de axentes de inspección. Especialidade vixilancia de estradas

Corpo de axudantes de carácter facultativo

  • Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza. Especialidade patrón
  • Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza. Especialidade mecánico
  • Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza
  • Escala técnica de mantemento de servizos
  • Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade capataz
  • Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade mecánico naval
  • Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade patrón de embarcación
  • Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade guía intérprete de patrimonio natural

Corpo de técnicos de carácter facultativo

  • Escala técnica de delineantes
  • Escala de axentes técnicos en xestión medioambiental
  • Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade animación sociocultural

 

Categorías de persoal laboral do grupo IV das cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

  •  Cat. 7. Garda fluvial. Garda explotación
  • Cat. 20. Conserxe (cando teña ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)
  • Cat. 21. Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría
  • Cat. 24. Xastre/a
  • Cat. 25. Cargador/a. Tremoísta
  • Cat. 31. Legoeiro/a
  • Cat. 32. Operador/codificador datos SDCIF
  • Cat. 34. Axudante de restauración e proxección cinematográfica
  • Cat. 37. Oficial 2ª mecánico máquinas de defensa contra incendios forestais.
  • Cat. 39. Auxiliar de autopsia

 

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo C2 dos cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

Corpo de auxiliares de carácter técnico

  • Escala de gardas de recursos naturais
  • Escala auxiliar de mantemento
  • Escala de auxiliar de laboratorio
  • Escala auxiliar de condución
  • Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade mariñeiro vixilante 

 

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.