No DOG do 25/10/2024 publican:

- Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A1 dos cales se publica o baremo definitivo:

Corpo facultativo superior

  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de camiños, canles e portos
  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de telecomunicación
  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría química
  • Escala de ciencias. Especialidade de ciencias do mar
  • Escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galiza
  • Escala de facultativos. Especialidade pedagoxía
  • Escala de restauración. Especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos
  • Escala superior de sistemas de información xeográfica

 

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo C2 das cales se publica o baremo definitivo:

Corpo de auxiliares de carácter técnico

  • Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade oficial

 

Categorías de persoal laboral do grupo I das cales se publica o baremo definitivo:

  • Cat. 19. Titulado/a superior especialista, titulado/a superior farmacéutico
  • Cat. 32. Técnico/a superior en centros de arte
  • Cat. 38. Técnico/a superior defensa contra incendios forestais

 

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta. gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas as súas alegacións.