No DOG do 07/11/2024 publican a baremación definitiva da fase de concurso de estabilización da Lei 20/2021 de varias especialidades:

- Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A1 en que se publica o baremo definitivo:

  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en bioloxía pesqueira
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima

 

- Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A2 en que se publica o baremo definitivo:

  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica industrial
  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal
  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola
  • Escala técnica de facultativos. Especialidade de terapia ocupacional
  • Escala técnica de facultativos. Especialidade de enfermaría

 

- Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do grupo B e subgrupo C1 das cales se publica o baremo definitivo:

  • Escala técnica de condución

 

- Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo C2 das cales se publica o baremo definitivo:

  • Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade arquivos e bibliotecas.

 

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta. gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.