No DOG do 15/11/2024 publican diversas baremacións definitivas dos procesos de estabilización da Lei 20/2021 polo sistema de concurso:

- Categorías de persoal laboral do grupo II das cales se publica o baremo definitivo:

  • Analista programador (persoal Cixtec)
  • Analista xestor de contidos web (persoal Cixtec)

 

- Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A1 das cales se publica o baremo definitivo:

  • Escala de facultativos. Especialidade de psicoloxía

 

- Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A2 das cales se publica o baremo definitivo:

  • Corpo xestión da Administración xeral
  • Escala de xestión de sistemas de informática

 

- Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do grupo B e subgrupo C1 en que se publica o baremo definitivo:

  • Corpo administrativo: Escala técnica auxiliar de informática
  • Corpo de axudantes de carácter facultativo: Escala técnica auxiliar de informática

 

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figurará reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta