No DOG do 25/11/2024 publican a baremación definitiva do concurso de estabilización da Lei 20/2021 seguintes:

- Grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza:

  • Cat. 10B. Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais
  • Cat. 10C. Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios
  • Cat. 14. Bombeiro forestal
  • Cat. 14A. Bombeiro forestal condutor

 

- Determinada categoría do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza:

  • Cat. 100. Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

 

-  Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B:

  • Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais
  • Especialidade de bombeiro/a forestal xefe de brigada

 

-  Categoría do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza:

  • Cat. 33. Condutor/a de autobomba de defensa contra incendios forestais

 

-  Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2:

  • Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais. Especialidade bombeiro/a forestal

 

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https:// www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas as súas alegacións.