No DOG do 10/12/2024 publican as relacións de aspirantes que superaron os procesos de estabilización da Lei 20/2021 polo sistema de concurso:

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A1 en que se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

  • Escala de arquitectos
  • Escala de ciencias. Especialidade química
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en bioloxía pesqueira
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade intervencións subacuáticas e hiperbáricas
  • Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade pesca marítima
  • Escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galiza
  • Escala de facultativos. Especialidade psicoloxía

 

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do grupo B e subgrupo C1 das cales se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

Corpo administrativo

  • Escala técnica auxiliar de informática

Corpo de axudantes de carácter facultativo

  • Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza. Especialidade patrón
  • Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza. Especialidade mecánico
  • Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza
  • Escala técnica de condución
  • Escala técnica en reprodución cartográfica

 

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo C2 nas que se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo:

  • Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade arquivos e bibliotecas

 

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www. xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.