No DOG do 13/12/2024 publican varias baremacións definitivas da fase de concurso do proceso de estabilización da Lei 20/2021:

- Categoría 10B do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

- Subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

- Subgrupo C1, escala técnica de cociña

- Categoría 10C do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, emisorista de defensa contra incendios forestais

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https:// www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.