No DOG do 23/12/2024 publican as baremacións definitivas da fase de concurso do proceso de estabilización da Lei 20/2021 mediante o sistema de concurso-oposición:

- grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, operador/a de ordenador (persoal Cixtec)

- grupo IV, categoría 21, de persoal laboral da Xunta de Galiza, oficial/a de segunda carpinteiro/a

- subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio

- agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo agrupacións profesionais, escala persoal de mantemento

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.