No DOG do 14/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a social, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo adaptado a unha persoa aspirante.
O primeiro exercicio de oposición terá lugar o 18 de marzo de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas, na sala E, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no Edificio Administrativo da Xunta de Galiza, localizado en San Caetano, Santiago de Compostela.