No DOG do 14/03/2025 a FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2025 de nomeamento, como persoal laboral fixo, da persoa aspirante que, por orde de puntuación, e tras a renuncia do candidato nomeado mediante a Resolución do 12 de decembro de 2024, superou o proceso selectivo extraordinario de estabilización, convocado por esta fundación e derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas prazas de persoal laboral referenciadas no anexo do Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria das prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza (Diario Oficial de Galiza número 248, do 30 de decembro de 2022, corrección de erros Diario Oficial de Galiza número 29, do 10 de febreiro de 2023).