No DOG do 26/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023, pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 15 de decembro de 2024, correspondente ao primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal