No DOG do 28/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre.

Terá lugar o día 2 de abril de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2, 5-6, 7 e 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).