No DOG do 21/04/2025 a EGAP publica a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de marzo de 2025 pola que se convocan actividades de formación, dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente as vítimas de todas as formas de violencia de xénero dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.
Debe dicir: «1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata o 2 de abril de 2025. Para a edición Telepresenza2 da actividade formativa CV25065: Intervención en saúde mental, adicción e xénero, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de abril de 2025 ata o 28 de abril de 2025».