No DOG do 22/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, intérprete de linguaxe de signos, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Como consecuencia da modificación da baremación definitiva e da renuncia da persoa aspirante, este tribunal acorda facer pública como anexo a esta resolución unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de linguaxe de signos, que modifica a Resolución do 14 de novembro de 2024 (DOG núm. 221, do 15 de novembro).