No DOG do 28/04/2025 publican:
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 38, técnico/a superior de defensa contra incendios forestais do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se publica a baremación provisional complementaria da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, pola que se fai pública a baremación provisional complementaria da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se se fai pública a baremación provisional complementaria da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 39, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se publica a baremación provisional complementaria da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a baremación provisional complementaria da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, pola que se publica a baremación provisional complementaria da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, pola que se publica a baremación provisional complementaria da fase de concurso.
A puntuación provisional obtida polas persoas aspirantes non baremadas inicialmente reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta