No DOG do 29/04/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2025 pola que se convoca a Xornada de Autocoidado.

As persoas destinatarias desta actividade son o persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM); do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero (CRI); do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (CEMVI); das casas de acollida; das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galiza; así como o persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promocións da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade das xefaturas territoriais das delegacións da Xunta de Galiza.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.59 horas do día 8 de maio de 2025.