No DOG do 06/05/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix), no seu nivel Iniciación.

- RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel Intermedio.

As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT, https://cemit.xunta.gal, antes da finalización do prazo de inscrición.

O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.