No DOG do 06/05/2025 publican:
- RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo.
- RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial.
- RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas.