No DOG do 07/05/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2025 pola que se convoca formación en prevención de riscos laborais para o persoal do Servizo de Prevención e delegados/as de Prevención de Riscos da Consellería de Política Social e Igualdade para a avaliación e investigacións das situacións de violencia que se poden dar nos centros asistenciais.

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.