No DOG do 08/05/2025 publican:
- RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 24 de maio de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
- RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 24 de maio de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
- RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de análise de laboratorio, pola que se dá publicidade de diversos acordos.
O segundo exercicio terá lugar o día 12 de maio de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no seminario A, da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid, 2-4, (polígono das Fontiñas).
- RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 12 de maio de 2025, ás 15.30 horas, en chamamento único, no seminario B da Escola Galega de Administración pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid 2-4, Santiago de Compostela.