No DOG do 09/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Publican a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base. 

Elevan esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionario de carreira.