No DOG do 09/05/2025 o INSTITUTO TECNOLÓXICO PARA O CONTROL DO MEDIO MARIÑO DE GALIZA publica o ANUNCIO do 30 de abril de 2025 polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura definitiva dun posto de xefe/a da Unidade de Microbioloxía e Viroloxía existente no cadro de persoal laboral, pola quenda de acceso libre.

As bases estarán expostas na páxina web do Intecmar (http://www.intecmar.gal/ transparencia/Convocatorias/Default.aspx). O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.