No DOG do 14/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación da base 4.6 da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.