No DOG do 14/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de inspectoras e inspectores de consumo, e do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, convocado pola Resolución do 6 de febreiro de 2024.

En aplicación do establecido na base XI da convocatoria do concurso de traslados, a toma de posesión en todos os postos adxudicados como consecuencia da resolución do presente concurso efectuarase a partir do día 3 de xuño e iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 8 do Decreto 151/2002, do 12 de setembro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.

O cesamento deberá efectuarse o día 2 de xuño de 2025.