No DOG do 21/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina (Diario Oficial de Galiza número 37, do 24 de febreiro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 27 de maio de 2025, ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).