No DOG do 23/05/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 2 de xuño de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 2 de xuño de 2025, ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría forestal, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de xuño de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galizia número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 4 de xuño de 2025, ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de xuño de xuño, ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de xuño de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no Seminario A da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 2 de xuño de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 2 de xuño de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas), en Santiago de Compostela.