No DOG do 16/05/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

Declaran aptas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base 3 da convocatoria deste proceso que figuran no anexo deste acordo, e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 19 de marzo de 2025 (DOG núm. 55, do 20 de marzo).

- RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.