No DOG do 26/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar o día 30 de xuño de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, nas aulas 2, 6, 7, 9 e 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).