No DOG do 01/07/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2025 pola que se convoca a actividade formativa Ferramentas transversais de administración dixital na Xunta de Galiza para persoal de novo ingreso (CV25079), dirixida ao persoal funcionario e persoal laboral transferido á Xunta de Galiza mediante o Real decreto 394/2025, do 13 de maio, de traspasos de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galiza en materia de ordenación e xestión do litoral.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 7 de xullo de 2025.