No DOG do 11/07/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.