No DOG do 17/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025 pola que se convoca para a elección de destino definitivo unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 39, auxiliar de autopsia, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).