No DOG do 18/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, na escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, e na escala de arquitectos técnicos, do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que se fai pública a relación de novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que o superaron.