No DOG do 18/07/2025 REDES DE TELECOMUNICACIÓN GALEGAS RETEGAL, S.A. publica o ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión, pola quenda de acceso libre, dunha vacante do posto de coordinador/a de Atención e Xestión da Rede do nivel 1 do grupo técnico do cadro de persoal (enxeñeiro/a superior de telecomunicacións).
O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galiza.