No DOG do 07/08/2025 publícase a RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2025 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Nas bases da convocatoria se establece que o prazo máximo para a realización do terceiro exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde a finalización do exercicio anterior.

O anterior exercicio realizouse o día 12 de xuño de 2025.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo polo que se dispón a ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio en vinte (20) días hábiles.