No DOG do 11/08/2025 publícanse dúas resolucións relacionadas cos procesos de concurso de méritos e concurso-oposición derivados da lei 20/2021 pola que se nomean a novos aspirantes que superaron os procesos:
RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 104, intérprete de linguaxe de signos, do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, (DOG núm. 244, do 26 de decembro), pola que se fai pública a relación dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron este.
RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, intérprete de lingua de signos, pola que se fai pública a relación de dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso.