No DOG do 13/08/2025 publícanse as seguintes resolucións:

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicas a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

DÍA: 18 de setembro de 2025

HORA: 15.30 horas

LUGAR: Aula 7 da EGAP sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas)

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría forestal, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

DÍA: 17 de setembro de 2025

HORA: 15.30 horas

LUGAR: Aula 10 da EGAP sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas)