No DOG do 13/08/2025 publícase a RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2025 pola que se nomean como persoal laboral fixo na categoría 32 do grupo I, técnico/a superior en centros de arte, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).