No DOG de hoxe día, 21/08/2025. a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2025 pola que convoca o Curso superior de Administración electrónica.
Destinatarios: o curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
• Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
• Grupos I e II do persoal laboral.
No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local e da Administración de xustiza.
Datas: o curso desenvolverase desde o 9 de setembro ata o 28 de outubro de 2025.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
Modalidade de impartición: mixta.
Duración: 114 horas lectivas, 30 horas de clases prácticas presenciais e 84 de teleformación.
As clases prácticas presenciais desenvolveranse os días 9, 16, 23 e 30 de setembro e 14 de outubro de 2025.
Horario das clases presenciais: das 11.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas.
A proba final en liña será o último día do curso, 28 de outubro, a través da aula virtual da EGAP (https://egap.xunta.gal/aulavirtual/).
As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.
Prazo para a inscrición: permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 2 de setembro de 2025.
Poderá obterse calquera outra información a través do correo electrónico novas.egap@xunta.gal ou, das 9.00 ás 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 41 e 981 54 63 42.