No DOG de hoxe, 25/08/2025, publícase a RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG número 221, do 21 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Acórdase que as preguntas anuladas do primeiro exercicio son as que se indican a continuación:

– Parte primeira do cuestionario de contido teórico: anúlanse as preguntas 31 e 40. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 142 e 143, respectivamente.

– Parte segunda do cuestionario de contido práctico:

a) Suposto práctico nº 1: anúlanse as preguntas 103 e 105. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 146 e 147, respectivamente.

b) Suposto práctico nº 2: anúlanse as preguntas 124 e 139. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 149 e 150, respectivamente.

– Igualmente, anúlase a pregunta de reserva identificada co número 151, sen que se proceda á súa substitución.

Así mesmo, non se modifica o modelo de respostas correctas. En consecuencia, mantense a modificación do modelo inicial no relativo ás preguntas número 69, 94 e 141.

Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de cincuenta puntos (50 puntos).

Máis información aquí.