No DOG de hoxe, 26/08/2025 publícanse as seguintes convocatorias:

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 14 (bombeiro/a forestal) e 14A (bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia.

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos».

Prazo para presentar as solicitudes: (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).